martes, 10 dec 2019
Por un período de tres anos, a Xunta de Goberno aprobará na próxima sesión o expediente de contratación para a prestación deste servizo en 10 areais vigueses. Amais, recibirá luz verde tamén o plan de ocupación e explotación dos quioscos das praias.
martes, 15 out 2019
Un castiñeiro plantouse no Colexio Sobreira de Valadares co motivo do segundo aniversario dos incendios forestais que afectaron a Vigo en outubro de 2017. O alcalde informou de que a vindeira semana comezará a funcionar o servizo de información por satélite para comprobar o estado das fincas.
xoves, 26 set 2019
O alcalde e o director xeral de Vego Supermercados, Joaquín González Iglesias, asinaron este xoves o convenio de colaboración para realizar as actividades do programa "Camiño a Camiño" cun importe de 15.000 euros.
martes, 24 set 2019
O Concello de Vigo pon en marcha esta semana o Desafío Cultural Illas Cíes que levará ao arquipélago a seis fotógrafos e seis equipos audiovisuais para promover a candidatura a Patrimonio da Humanidade. Os seleccionados traballarán de xoves a domingo para crear as súas producións artísticas que posteriormente serán expostas.
xoves, 12 set 2019
O alcalde de Vigo informou este xoves da última iniciativa do Concello para promover a candidatura das Illas Cíes á Patrimonio da Humanidade. A actividade, enmarcada no programa cultural da candidatura viguesa, consiste en un Desafío Audiovisual e Fotográfico para crear un Laboratorio Artístico que difunda o patrimonio natural do arquipélago.
mércores, 21 ago 2019
O alcalde de Vigo recibiu esta mañá aos veciños de Ons que lle trasladaron a súa oposición a que as illas nas que viven sexan Patrimonio da Humanidade. Na súa opinión, esta posición é un argumento máis para invalidar a candidatura promovida pola Xunta, posto que incumple xa o primeiro dos requisitos establecidos pola Unesco.
mércores, 21 ago 2019
Abel Caballero informou de que o encoro de Eiras se atopa ao 87,21% da súa capacidade. "Estamos ben", anotou o alcalde, quen explicou que o pequeno tamaño de Eiras -que só acumula auga para seis meses- invita á cautela e ao "consumo responsable todo o ano". Anunciou medidas de control se o volume baixa do 80%.
luns, 19 ago 2019
O alcalde de Vigo informou este luns de que a campaña "Vas ao paraíso, volve deixando un paraíso. En Cíes, nin residuos, nin lixo" ten unha boa acollida e permitirá repartir 20.000 bolsas de reciclaxe. Esta cuarta edición da iniciativa entrega aos viaxeiros un pack con tres bolsas diferenciadas en función do tipo de residuo.
luns, 19 ago 2019
Abel Caballero anunciou este luns que remitirá de inmediato unha carta ao presidente da Xunta de Galicia para que retire a candidatura das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade. O alcalde de Vigo mencionou os problemas existentes en Ons, onde os veciños están en contra, e en Sálvora, cun vertido de residuos na mesma área mariña.
luns, 12 ago 2019
A pasada fin de semana, o Concello emprazou un posto de información e recollida de firmas da candidatura no festival O Marisquiño, onde plasmaron a súa rúbrica "miles" de persoas, segundo afirmou o alcalde. Abel Caballero preguntouse "cantas sinaturas ten a candidatura da Xunta" para Illas Atlánticas e recordou a oposición dos veciños de Ons.