O alcalde recomenda o consumo responsable de auga
Malia que as presas de Eiras e Zamáns rexistran un bo nivel de auga, Caballero apela á responsabilidade cidadá ante as previsións de tempo seco e a falta do transvase de emerxencia "prometido" pola Xunta de Galicia. <br />
O rexedor olívico informou este martes do nivel de ocupación das presas que abastecen á cidade e a varios municipios da contorna. Eiras está a un 93,6% da súa capacidade "practicamente chea", dixo, e Zamáns atópase nun 89% de ocupación.
Con todo, Caballero recomenda o "consumo responsable" en previsión de que veña un outono seco e "dado que a Xunta de Galicia non realizou o transvase de emerxencia como estaba obrigada e como prometeu". Así, apelou á responsabilidade no consumo "de toda a cidade e de todos os municipios da contorna aos que Vigo lles dá auga" da présa de Eiras, que cifrou en medio millón de persoas, aínda que de momento non se establecerán limitacións.
Tamén amosou a súa confianza en que "chova en outono e o problema non chegue a existir pero imos curarnos en saúde".
Descargar todas as imaxes