Caballero destaca o avance do "acordo técnico" entre Facenda e a FEMP para flexibilizar a regra de gasto
A falta da súa ratificación política, este acordo permitirá que as entidades locais poidan usar o superávit "para mellorar os servizos públicos" e "farán máis sinxela a elaboración e execución de presupostos municipais máis eficaces". <br />
O presidente da FEMP cualificou de "histórico" o acordo técnico que favorecerá a flexibilización da regra de gasto como o destino do superávit e que implicará, con iso "unha gran mellora na xestión municipal".
Caballero saudaba así os avances que permitirán que as entidades locais melloren os seus servizos públicos. A falta da súa ratificación política, este acordo técnico alcanzado nunha reunión de traballo celebrada na mañá de hoxe, serán elevados aos correspondentes órganos políticos, no mes de setembro, para a súa incorporación por vía regulamentaria ou lexislativa. Para Abel Caballero, "estes acordos representan un gran logro co que se cumpre o compromiso do Goberno e dáse resposta ás nosas demandas. Os Gobernos Locais estarán menos limitados para elaborar e executar uns orzamentos eficaces e para prestar mellores servizos á cidadanía".
A comisión técnica, formada por representantes do Ministerio de Facenda, a FEMP, a AIReF, a IGAE e o Ministerio de Política Territorial e Función Pública, celebrou hoxe en Madrid a quinta e última das súas reunións de traballo na que quedaron definidas as propostas acordadas sobre a flexibilización da regra de gasto que, cos actuais criterios, carecía de racionalidade, porque penalizaba ás Administracións aforradoras e favorecía ás que gastaban", lembrou o Presidente da FEMP. "É a primeira vez na historia que se crea unha comisión de traballo bilateral entre o Ministerio de Facenda e a FEMP para tratar de flexibilizar ao máximo a regra de gasto e o destino do superávit dos entes locais". O grupo celebrou a súa reunión constituínte o 31 de xaneiro e, a partir dese momento, celebrou encontros de traballo en marzo, maio e xuño. "O de hoxe foi o último dos encontros no que finalmente se acordaron máis de 10 propostas para flexibilizar a regra de gasto".
Retos pendentes en materia de facendas locais
Ademais desta valoración favorable dos acordos e do recoñecemento ao traballo do equipo que o levou a cabo, o presidente da FEMP lembrou que aínda quedan pendentes de resolución outras cuestións que afectan ao funcionamento da Administración Local, "os deberes" que terá que afrontar o novo Executivo "porque a Administración máis eficiente do noso país, que é a Administración Local, necesita marxe e seguridade para moverse na súa actividade diaria". E neste sentido lembrou a urxencia de abordar un novo modelo de financiamento local, que se propoña de maneira simultánea e en paralelo co do financiamento autonómico "porque non queremos converternos no ‘personaxe secundario e residual’ dos escenarios negociadores".
Tamén se referiu ao Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana, a plusvalía, cuxa regulación normativa ha de adaptarse á Sentenza emitida polo Tribunal Constitucional, unha cuestión aínda pendente que fixo que a maior parte das entidades locais suspenderan o seu cobro e que, a xuízo do Presidente da FEMP, fai necesaria a habilitación dun fondo que compense aos Concellos pola posible perda recadatoria que unha modificación deste tributo podería supoñer ás facendas locais".
O Presidente referiuse amais aos municipios en situación de risco financeiro, ao sinalar que "aínda que non son moi numerosos, si están a atravesar situacións complicadas para as que fai falta que se adopten solucións urxentes que lles axuden a saír adiante".