venres, 27 abr 2018
A partir do luns 30 de maio, o Concello iniciará a celebración de Os Maios no Calvario, en Navia, en Coia, na Praza Independencia, en Bouzas e máis en Teis. Tal e como explicou o rexedor, haberá actividades infantís, obradoiros, música e danza. <br />
xoves, 19 abr 2018
Abel Caballero anunciou que a representación da Festa da Reconquista, aprazado o pasado 8 de abril debido á choiva, celebrarase o vindeiro 6 de maio (18:00 horas). Ademais, este xoves o alcalde participa no acendido do alumeado da Feira de Abril na zona do Náutico.
mércores, 18 abr 2018
O concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, participou este mércores na presentación da primeira edición deste evento, do venres ao domingo na Praza do Rei, e animou á cidadanía a achegarse e participar nas distintas actividades, como charlas, concertos, obradoiros infantís e case que cen cervexas artesanais para degustación.
xoves, 12 abr 2018
O próximo 27 de xullo se subirán ao escenario de Castrelos as bandas Dorian y Zoé, mentres que Morat actuará o 31 de xullo. Estes concertos súmanse aos xa confirmados para este verán: Joan Manuel Serrat, Maná, Raphael e Cantajuegos.
venres, 6 abr 2018
O alcalde achegouse este venres á Casa Galega da Cultura, onde 50 nenos e nenas do Colexio Losada tomaron parte deste programa educativo municipal que divulga a historia da Reconquista. Este fin de semana se celebra a Festa da Reconquista, unha celebración "moi especial" que Caballero define como "romaría urbana" na que "divertirnos e pasalo ben".
luns, 26 mar 2018
O alcalde de Vigo cualificou a Festa da Reconquista, que vaise celebrar os vindeiros 7 e 8 de abril, como a "romaría urbana" da cidade. Esta edición da festa do Casco Vello contará este ano con novidades como eventos deportivos -partidos de rugby e fútbol gaélico- e cinco espazos diferentes para as actuacións
venres, 23 mar 2018
Segundo adiantou este venres Abel Caballero, o Concello xa pechou unha nova actuación musical para o programa Vigo en festas do vindeiro verán. Nesta ocasión será o grupo Cantajuegos, que chegará a parque de Castrelos co seu espectáculo "Yo tengo derecho a Jugar – Tour 2018".
luns, 19 mar 2018
Segundo adiantou este luns Abel Caballero, o goberno de Vigo impulsa o programa educativo "VigoHistoria 2018: A Reconquista" ata o próximo 6 de abril, do que participarán inicialmente estudantes de Primaria do Pintor Laxeiro.
venres, 16 feb 2018
Abel Caballero anunciou este venres os primeiros concertos para as festas de Vigo. O catalán Joan Manuel Serrat traerá a súa xira "Mediterráneo da Cap" o vindeiro 21 de xullo e Raphael estará o 2 de agosto con "Loco por cantar". Ambos actuarán no Auditorio de Castrelos e Caballero avanzou outra "decena" de concertos e "algunha sorpresa".
mércores, 14 feb 2018
O Concello de Vigo cancelou este mércores os actos do Entroido previstos para esta tarde debido a motivos climatolóxicos.