Escoitar

Castrelos esgota as entradas para Morat e ofrece este venres a actuación de Zoé e Dorian

O alcalde de Vigo informou este venres de que xa están esgotadas as entradas para o concerto do grupo Morat, que vaise a celebrar o próximo martes, e animou aos vigueses a asistir este mesmo venres á actuación dos grupos Zoé e Dorian no Auditorio de Castrelos.

venres, 27 xul 2018
O Auditorio ao Aire Libre de Castrelos acollerá este venres o concerto dos grupos Zoé e Dorian (22:30 horas), terceira actuación do programa Vigo en Festas despois de Little Steven e Maná. O alcalde, Abel Caballero, lembrou en rolda de prensa que ademais este sábado será a quenda da Coral Casablanca (23:300 horas) e que xa están esgotadas as entradas para Morat o vindeiro sábado.

Little Steven abriu os concertos o 12 de xullo, seguido por Maná o 23 (Joan Manuel Serrat suspendeu a súa actuación por motivos médicos). Este venres actuarán Dorian e Zoe o 27 de xullo e o sábado Coral Casablanca. Xullo conclúe co espectáculo de Morat o día 31. Para agosto, o Concello ten pechada a presenza de Raphael o día 2 e de Juanes o día 8, ademais da actuación exclusiva para Vigo de cinco representantes de OT, Aitana, Ana Guerra, Cepeda, Miriam e Roi, o día 10 de agosto.