Escoitar

Vigo celebra do Día de Galicia coa música de Rodrigo Romaní Trío e a danza de Media Punta

Enrique Mallón, secretario xeral da Asociación de industrias Metalúrxicas (Asime), será o encargado de ler este martes o pregón do Día de Galicia en Vigo. O acto celebrarase ás 20:00 horas no Pazo de Castrelos e contará coas actuacións de Rodrigo Romaní Trío e a Academia Media Punta.

martes, 24 xul 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que o Día de Galicia, a celebrar este martes no Pazo de Castrelos, contará coas actuacións da Academia Media Punta e Rodrigo Romaní Trío. O acto celebrarase ás 20:00 horas nos xardíns do pazo vigués e o rexedor invitou a todos os vigueses a participar no acto e desfrutar coa danza de Media Punta e a música folk do trío.

"Faremos o recoñecemento de Vigo a Galicia", sinalou Caballero antes de destacar a elección de Enrique Mallón, secretario xeral de Asime, como pregoeiro. "É unha persoa xove que ocupa un lugar de responsabilidade no proceso de potenciación da industria de Vigo", apuntou o rexedor.