Escoitar

Caballero subliña o "éxito" dos campamentos de verán do Concello para a "conciliación" familiar

O alcalde visitou este martes o "Verán Náutico" que organiza o goberno vigués na dársena da ETEA para 80 chicos e chicas, con práctica de vela, kayak e windsurf, padelsurf, entre outras. O Concello conta con case 28.000 prazas en campamentos e actividades de verán este ano para facilitar a "conciliación", explicou Caballero.

martes, 24 xul 2018
1532435905CampamentoETEA_02.JPG
O goberno de Vigo adica ao efecto preto dun cuarto de millón de euros, cunha media de subvención municipal en cada praza do 65%, co que as familias abonan o 35% do custo total da actividade. Abel Caballero puxo en valor o "éxito" do programa estival, con case que 28.000 prazas.
Descargar todas as imaxes