Escoitar

O grupo de traballo do Concello para a transparencia recibe o Premio Novagob Excelencia 2017 á loita contra a corrupción

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de que o Grupo de Traballo de Integridade na Contratación Pública, promovido polo Concello de Vigo e constituído na Rede pola Transparencia e a Participación Cidadá da FEMP, foi recoñecido co  Premio Novagob Excelencia 2017 á loita contra a corrupción.

martes, 24 xul 2018
O Grupo de Traballo de Integridade na Contratación Pública, promovido polo Concello de Vigo e constituído na Rede pola Transparencia e a Participación Cidadá da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), foi recoñecido co  Premio Novagob Excelencia 2017 á loita contra a corrupción.

Segundo explicou este martes o alcalde de Vigo, Novagob é unha Rede Social da Administración Pública para impulsar un ecosistema de innovación nas administracións públicas iberoamericanas. "As areas de xestión implicadas son Asesoría Xurídica, Intervención Xeral, Tesourería Municipal, Administración Electrónica e Recursos Humáns e Formación", sinalou Abel Caballero.

O grupo de traballo está integrado polos máximos responsables administrativos para deseñar unha ferramenta transversal de apoio na tramitación das solicitudes de acceso á información pública, ao amparo da normativa en materia de transparencia, e coa asignación de funcións coma o estudo, análise e debate sobre aspectos técnicos, xurídicos e operativos na aplicación da normativa.

Tamén encárgase da articulación de solucións instrumentais para a adecuación das estruturas organizativas e da emisión de ditamens sobre criterios xerais de aplicación da normativa. "Supón un impulso das políticas públicas municipais en materia de transparencia e acceso á información", engadiu o alcalde.