martes, 11 mai 2021
O alcalde deu conta este martes da reunión celebrada onte co secretario xeral e o director xeral de Industria, Raúl Blanco e Galo Gutiérrez, respectivamente, na que se presentou a candidatura “sólida, consistente e ben trazada” para implantar unha planta de baterías na PLISAN.
luns, 10 mai 2021
Abel Caballero, Carmela Silva e David Regades mantiveron esta mañá unha reunión no Ministerio de Industria para presentar algúns dos proxectos cos que Vigo aspira a fondos NextGenerationEU. Segundo explicou o rexedor, durante o encontro pasaron revisión a todos os manifestos de interese que se enviaron desde o Consorcio da Zona Franca, ademais de detallar os distintos proxectos.
martes, 4 mai 2021
A Corporación celebrou este martes unha sesión extraordinaria na que saíu adiante, co voto favorable do PSOE e os votos en contra da oposición, a modificación orzamentaria de suplemento de crédito e crédito extraordinarios financiado con remanente líquido de Tesourería.
luns, 3 mai 2021
O alcalde avanzou a celebración mañá martes dun Pleno extraordinario para a aprobación definitiva da modificación orzamentaria para a adhesión de remanentes municipais, que se suman á inversión xa prevista polo goberno de Vigo.
xoves, 29 abr 2021
A débeda xerouse no ano 2017 co cambio ao sistema de Subministración Inmediata de Información (SII) do IVE que fixo que as entidades locais percibisen só 11 meses dese ano. O presidente da FEMP anunciou a reclamación desta cantidade tras a sentenza favorable ao recurso de Castela e León.
mércores, 28 abr 2021
O Goberno local defendeu a necesidade de transformar a zona de Beiramar soterrando o viario e favorecendo a calidade arquitectónica dos proxectos da zona. Tal e como explicou a concelleira de Urbanismo, hai que xerar espazos de socialización compatibles co acceso e funcionalidade da Autoridade Portuaria.
mércores, 28 abr 2021
O concelleiro de Facenda deu conta do informe trimestral na sesión plenaria deste mércores. Jaime Aneiros afirmou que a media dos entes locais en España ascende a 83 días e recordou que o prazo ascendía a case tres meses antes da chegada de Abel Caballero á Alcaldía.
martes, 27 abr 2021
O alcalde manifestou este martes en rolda de prensa que un 15% dos 800 millóns que corresponden á comunidade autónoma dos fondos europeos de recuperación deben ir aos municipios e contrapón a xestión doutras autonomías que si achegaron recursos aos seus concellos.
luns, 26 abr 2021
O alcalde solicitou unha vez máis a gratuidade do aparcamento do hospital Álvaro Cunqueiro nun momento no que a situación sanitaria converte esta medida en máis necesaria que nunca. Outro dos asuntos que reclamou o rexedor é a cesión do 15% dos fondos que a Xunta recibiu do Goberno de España e de Europa.
luns, 19 abr 2021
Abel Caballero deu conta este luns en rolda de prensa dos datos relativos ao pagamento a provedores no terceiro mes deste ano 2021. Vigo aboou as súas facturas nun prazo de 9,3 días polo que “seguimos batendo marcas”.