Vigovisións percorre 14 anos de evolución da fotografía

xoves, 10 abr 2003

A mostra que se inaugura no Marco recupera a antiga sección da Fotobienal. A producción da exposición incluíu a restauración e catalogación das imaxes realizadas por fotógrafos de ámbito internacional arredor do paisaxe e influencia viguesa. As fotografías integran a Colección Fotográfica do Concello de Vigo.

O xoves iníciase o Ciclo de Música Sacra

martes, 8 abr 2003

Do 10 ó 13 de abril celebrarase a cuarta edición do ciclo de Música Sacra que organiza a concellería de Cultura co patrocinio de Caixagalicia. O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou o programa dos catro concertos que terán como escenario a Concatedral Santa María de Vigo e o auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo, con entrada libre ata completa-lo aforo.

Amplíase ata o día 20 a exposición de fotografías de Andrea Costas

luns, 7 abr 2003

A exposición titulada ”Formas de ser”, da artista viguesa Andrea Costas, que se poderá visitar na Sala B da Fundación Laxeiro ata o vindeiro 20 de abril. Na exposición, organizada pola Fundación Laxeiro en colaboración co Centro de Estudios Fotográficos, figuran imaxes de tres series de fotografías: Tempo ao tempo, Incorporados e Composturas.

Vigo celebra o Primeiro Congreso Internacional de Musicoloxía

xoves, 3 abr 2003

O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou o Primeiro Congreso Internacional de Musicoloxía que se celebrará na Fundación Mayeusis os días 4 e 5 de abril e que leva por título "A ópera en Vigo". O congreso organizado polo Instituto de Estudios Vigueses, en sesións abertas, está enmarcado no proxecto da Unión Europea "European Musical Heritage and Migration" que desenvolve o Instituto da Música Latinoamericana e que está coordinado en España por Enrique Sacau.