Medidas de tráfico e seguridade co gallo da Cabalgata de Reis

Santi Domínguez recibe ás SS MM os Reis Magos nunha festa especial para os máis cativos

venres, 2 xan 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, recibíu esta mañá ás SS. MM. os Reis Magos nunha festa infantil que comezou ás 11 horas na Praza do Rei. Tras saudar aos Reis Magos, o tenente de alcalde expresou os seus desexos para este 2009, sobre todo para que as Súas Maxestades "teñan moita consideración coas persoas ás que lles está afectando a crise". Os Reis Magos percorreran o luns 5 de xaneiro, a partir das 18.30h, as rúas Venezuela, Camelias, Alvaro Cunqueiro e praza de América.

Vigolandia inaugúrase o venres "como o gran parque de atraccións do Nadal" e con obradoiros para os maiores

martes, 23 dec 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, explicou este martes que o vindeiro 26 de decembro e a ata o 30 de decembro, no Instituto Feiral de Vigo, abrirá as súas portas Vigolandia "que se consolida xa como o gran parque de atraccións de Nadal". Santi Domínguez presentou hoxe esta iniciativa acompañado polo concelleiro de Cultura, Xesus López, e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto, e anuncio que por primeira vez Vigolandia vai contar tamén con obradoiros para os maiores.

O Museo de Castrelos acolle ata o 22 de febreiro a mostra "Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal"

martes, 23 dec 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, animou a toda a cidadanía a visitar a exposición "Lugrís. Viaxe ao mundo de Ulyses Fyngal", que se inaugurou este martes no Museo Municipal Quiñones de León. "Trátase da mostra máis importante que sobre Lugrís se ten feito na cidade", salientou o tenente de alcalde no acto de presentación, no que tamén participaron a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, o director do museo, José Ballesta, e os comisarios da mostra, José M. López Vázquez e Juan Monterroso, do departamento de de Arte da Universidade de Santiago de Compostela.

Obradoiros infantís de Nadal no MARCO

xoves, 18 dec 2008

A partir deste venres, 19 de decembro de 2008, comezan no MARCO os obradoiros infantís de Nadal, que estarán en marcha durante tres fins de semana consecutivas. Este programa diríxese a nenos/as a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas, e ofrece ao público infantil e familiar unha posibilidade de aproveitar o tempo de lecer aprendendo e desfrutando neste período de vacacións escolares.

Talleres infantiles de Navidad en el MARCO

xoves, 18 dec 2008

A partir de este viernes, 19 de diciembre de 2008, comienzan en el MARCO los talleres infantiles de Navidad, que estarán en marcha durante tres fines de semana consecutivas. Este programa se dirige a niños/as a partir de 3 años, solos o acompañados de personas adultas, y ofrece al público infantil y familiar una posibilidad de aprovechar el tiempo de ocio aprendiendo y disfrutando en este período de vacaciones escolares.

"Move Vigo Nadal 2008" celebrará ata o 6 de xaneiro 80 actividades nos 22 barrios e parroquias vigueses

xoves, 18 dec 2008

Un total de oitenta actividades desenvolverá o programa "Move Vigo Nadal 2008" ao longo dos barrios e as parroquias da cidade, segundo explicou este xoves o concelleiro de Cultura, Xesus López. Na presentación do programa, na que tamén participou o vogal de Cultura da Federación Veciñal Eduardo Chao, Xosé Couñago, o edil subliñou que deste xeito, a programación organizada polas diferentes asociacións veciñais de Vigo "busca achegar as actividades culturais a todos os barrios e parroquias da cidade".