venres, 31 mar 2017
A Xunta de Goberno aprobou esta mañá dous convenios de colaboración con Vida Digna e con Banco de Alimentos, de 90.000 e 86.000 euros respectivamente. Tal e como explicou o rexedor, as achegas municipais a comedores sociais ascenden a 223.000 euros anuais.
xoves, 30 mar 2017
O segundo tenente de alcalde, David Regades, reiterou esta mañá o compromiso do goberno local coa tarefa que desenvolve na cidade a Fundación Menela. No acto do día mundial sobre a concienciación sobre o autismo, Regades agradeceu no nome da cidade a labor que desenvolven en favor da integración dunha parte moi importante da poboación.
luns, 13 mar 2017
Abel Caballero asistiu á presentación de "Elisa no mundo das marabillas", un conto creado por trinta usuarios do taller artístico do centro que a Asociación de Familias de persoas con parálise cerebral (APAMP) ten en Vigo e que editan co apoio da Deputación de Pontevedra e de Galaxia. No acto, no que estiveron presentes, Carmela Silva e o director da editorial, Francisco Castro, o alcalde felicitou aos creadores do libro pola súa beleza e a mensaxe que transmite e puxo en valor o traballo e esforzo das familias e dos responsables da entidade a prol da sensibilización e da inclusión das persoas con parálise cerebral.
venres, 3 mar 2017
Caballero informou este venres da aprobación das bases e da convocatoria dun programa municipal destinado a apoiar económicamente a aquelas persoas que non poden utilizar o transporte colectivo por razóns de discapacidade. En función da renda, cada usuario pode recibir ata 300 euros para desprazarse en taxis adaptados.
mércores, 1 mar 2017
O rexedor explicou que nestes momentos xa se presentaron no Concello 2.100 solicitudes para percibir as axudas extraordinarias a familias para gastos de alimentación, alugueiro e enerxía e animou aos posibles beneficiarios a pedir cita previa para realizar a tramitación das mesmas.
venres, 17 feb 2017
O alcalde recordou este venres que permanece aberto o prazo para solicitar estas axudas para familias con menos recursos, ata o próximo 3 de marzo con cita previa a través da web do Concello ou no teléfono gratuíto 010. O goberno de Vigo conta con 2,5 millóns para pagos de alimentación, enerxía e aluguer e hipoteca.
mércores, 1 feb 2017
O alcalde reuniuse este mércores coa ministra de Cultura da República Árabe Saharauí Democrática, Jadiya Hamdi, a quen lle transmitiu "a vocación de continuar co noso apoio ao programa Vacacións en paz" que lle permite pasar o verán na cidade a nenos e nenas que viven nos campamentos de Tinduf. Ademais amosou o respaldo xeral ás propostas de acción do pobo saharauí polas que Vigo sente "simpatía", dixo.
mércores, 1 feb 2017
O alcalde trasladou que desde este mércores xa se pode solicitar, vía web e no 010, a cita previa para optar ao programa de axudas extraordinarias a familias, prazo aberto ata o 3 de marzo. Sumado o plan contra desafiuzamentos, o goberno de Vigo adica este ano 2,6 millóns a achegas sociais.
xoves, 26 xan 2017
Abel Caballero explicou que sempre hai unha praza dispoñible no centro que ten unha ocupación de entre o 95 e o 98% e destacou o presuposto anual que dedica o Concello, de arredor dun millón de euros, como un "esforzo importante" da cidade que se sente "orgullosa" deste servizo que presta.
luns, 16 xan 2017
O rexedor avanzou esta mañá a posta en marcha do dispositivo do frío para atender ás persoas que non queren durmir no albergue. En previsión da baixada de temperaturas, tratarase de convencer a estas persoas para que pasen estas noites no albergue municipal ou en calquera cos que ten acordos o Concello. En todo caso, repartirase café quente e mantas, acción na que tamén se contará coa colaboración da Policía Local.