Down Vigo disporá dunha nova sede no Casco Vello
O alcalde asistiu este venres á sinatura do convenio de colaboración entre Zona Franca de Vigo e a asociación Down Vigo que fará posible que a entidade de interese público teña unha nova sede no número 27 da rúa Real para desenvolver o seu labor social. "Os proxectos sociais ocupan o centro da nosa actividade", afirmou Abel Caballero logo do acto no que David Regades e María del Carmen López Barrero rubricaron un protocolo de actuación mediante o cal Zona Franca asumirá a construción do edificio para poñer a disposición da entidade.