venres, 25 xan 2019
Abel Caballero informou este venres da entrega ao resto de grupos políticos deste documento, que fixa un cronograma de traballo e os principais eixos do futuro PXOM, e analiza a situación da cidade e o mercado inmobiliario. O alcalde estimou que en sete meses estará listo o borrador e o documento inicial estratéxico.
venres, 25 xan 2019
Logo desta nova e multitudinaria manifestación que percorreu o centro de Vigo, o alcalde louvou este venres o "importante nivel de compromiso" da poboación coa sanidade pública. "Era da maior importancia volver facer unha seria chamada de atención á deficiente política sanitaria da Xunta de Galicia na área sanitaria de Vigo", concluíu.
venres, 25 xan 2019
O Concello de Vigo aprobou na Xunta de Goberno Local a contratación da segunda fase das obras de humanización da rúa Coutadas. Ademais, segundo informou o alcalde, tamén recibiron o visto e prace outros dez proxectos de reforma de rúas.
venres, 25 xan 2019
O alcalde asistiu este venres á sinatura do convenio de colaboración entre Zona Franca de Vigo e a asociación Down Vigo que fará posible que a entidade de interese público teña unha nova sede no número 27 da rúa Real para desenvolver o seu labor social. "Os proxectos sociais ocupan o centro da nosa actividade", afirmou Abel Caballero logo do acto no que David Regades e María del Carmen López Barrero rubricaron un protocolo de actuación mediante o cal Zona Franca asumirá a construción do edificio para poñer a disposición da entidade.
venres, 25 xan 2019
Abel Caballero valorou a presenza de Vigo na Feira Internacional de Turismo (FITUR) celebrada en Madrid onde presentou a oferta turística para este ano, logo de un mes de decembro con datos "extraordinarios" na cidade. Sinalou que houbo "niveis de ocupación impensables en hoteis, niveis de afluencia impensables e nivel de visitantes impensable" en Vigo e todo isto grazas "ao noso proxecto de luces e de Nadal" polo que, apuntou, "temos que ser capaces de incorporarnos masivamente ao ámbito turístico desde Vigo e ser ambiciosos nesta dimensión". Avanzou o rexedor que o Concello prepara o Entroido xa coa idea de que "trema Río de Xaneiro, que imos alá".
venres, 25 xan 2019
No transcurso do acto de inauguración, o alcalde puxo en valor a creatividade do artista, que comezou a súa traxectoria no ano 1968 e que ten levado a súa obra por Francia, Alemaña, Cuba ou Austria. A mostra de Antón Sobral pode visitarse desde hoxe nas dependencias de Alcaldía, nunha nova edición do programa municipal que permite achegar a arte á cidadanía fóra dos circuítos tradicionais, ao igual que ocorre coa arte na rúa, tal e como apuntou Abel Caballero.
venres, 25 xan 2019
Galiexpo Motor Show vaise celebrar do 1 ao 3 de febreiro no Instituto Feiral (Ifevi), segundo anunciou hoxe Manel Fernández, concelleiro de Deportes, que presentou o evento acompañado polo xerente do mesmo, Joaquín Portabales, e polo xerente do Ifevi, Arsenio Prieto.