martes, 22 xaneiro 2019

O goberno Central xa traballa na licitación do estudo técnico que solucionará o abastecemento de Vigo

Abel Caballero deu conta do avance dos pregos da licitación do estudo que buscará a mellor alternativa para solucionar o problema do abastecemento en Vigo. En rolda de prensa, tamén anunciou a súa presenza na conferencia que pronunciará mañá mércores o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, responsable do departamento que licitará o devandito proxecto.

O Concello promove as expropiacións necesarias para a terminal de bus e os accesos á estación do AVE

martes, 22 xan 2019

Segundo explicou Caballero este martes, o Concello custea a expropiación duns 500 m2 "imprescindibles" para construír a estación de autobuses e os accesos á estación do AVE de Urzáiz. O alcalde anunciou que en febreiro virá a Vigo o arquitecto Thom Mayne para supervisar as obras e o encaixe do ascensor entre García Barbón e Vía Norte que proxecta o Concello a través da estación do AVE.<br />

O alcalde visita as instalacións de Termavi

martes, 22 xan 2019

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este martes as instalacións da empresa Termavi no Porto de Vigo. Acompañado polo presidente da compañía, Eduardo Davila, o rexedor vigués fixo un percorrido polo peirao de Guixar, onde Terminales Marítimas de Vigo opera na carga e estiba de colectores marítimos.

O rexedor entrega os premios do certame de carteis da Reconquistiña 2019

martes, 22 xan 2019

Abel Caballero recibiu este martes aos escolares gañadores do IV Certame Escolar de Carteis da Reconquista Infantil no que, dada a calidade dos traballos presentados, o xurado decidiu ampliar os galardóns con catro accésit. O primeiro premio foi para Alba Carpintero Bidea do CEIP Altamar e os accésits para Pablo Verdera Rico do CPR Niño Jesús de Praga, Olivia Aguilera Restivo do CEIP San Salvador de Teis; Sharay,Sabela,Mateo e Xiana do CEIP Ría de Vigo e Cairo, Andrea e Xiana do Colexio María Auxiliadora.