O goberno de Vigo prorroga o servizo de atención á familia que atendeu a 111 menores en 2018
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou a continuidade do coñecido como servizo de canguro municipal que o ano pasado foi utilizado por 76 familias con máis dun centenar de menores a cargo. Abel Caballero destacou tamén a prórroga doutros servizos como os de dinamización infantil, persoas adultas e mulleres.
O Concello de Vigo aprobou na Xunta de Goberno Local do xoves a prórroga do contrato do Servizo Municipal de Atención Domiciliaria á Infancia (SADI) cun importe de 158.198,43 euros a través da adxudicación a Mulleres Progresistas de Vigo.
Segundo explicou Abel Callabero, o programa coñecido como canguros atendeu en 2018 a 76 familias con 111 menores e prestáronse 11.999 horas e 4.079 servizos.
Ademais, o alcalde de Vigo tamén informou da prórroga para a xestión do contrato do Programa Municipal de Educación Básica de Persoas Adultas cun importe de 36.500 euros. Os beneficiarios o pasado ano foron 150 (máis do 90% mulleres) e o servizo prestouse a través de asociacións de Teis, O Calvario, Cristo da Victoria, Sárdoma, Bembrive, Lavadores, Calvario, Valadares e Mulleres Progresistas.
"Son persoas maiores que non puideron estudar e queren ler, son fundamentalmente mulleres de 70 e 80 anos, e resulta extraordinario con que paixón estudan, como lles gusta, piden máis horas de docencia", destacou Caballero.
Dinamización infantil
Na súa rolda de prensa, o rexedor tamén informou de que a Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou a prórroga do programa de Dinamización Infantil cun importe de 127.000 euros.
Trátase dos servizos que prestan as ludotecas da Casa da Xuventude e Coia, con obradoiros, actividades de excursión ou saídas didácticas e actividades de animación ou festas, ademais de horas de prestación do servizo sen custe para o Concello
"O funcionamento é moi bo, fai un bo traballo para potenciar a actividade laboral das mamás e ten unha enorme aceptación", destacou Caballero.