Escoitar

O MARCO amosa "A Árbore da Vida" de Álvaro de la Vega ata o 2 de xuño

O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, participou este venres na inauguración da exposición que conforma a terceira mostra do ciclo Metrópole. Perspectiva urbana da arte galega.

venres, 22 feb 2019
1550843338expomarco.JPG
Desde hoxe venres 22 de febreiro e ata o 2 de xuño o MARCO amosa "A Árbore da Vida" do lucense Álvaro de la Vega, que logo de dez anos de traballo nesta montaxe reúne unhas 375 pezas escultóricas en madeira conformando unha grande instalación.

Para o edil de Cultura, o labor de Álvaro de la Vega é "excepcional" ao ser quen de crear unha escultura de madeira onde cada obra en si mesma é un elemento artístico aínda con vocación de representar unha totalidade.

A mostra é o "terceiro elemento" do ciclo Metrópole. Perspectiva urbana da arte galega que comprende unha serie de exposicións individuais, achegadas ao presente, e unha parte común a todas as mostras nas que se referencia o pasado. O ciclo quere viaxar ao Vigo dos anos 20 cando se estrea o filme "Metrópole" de Fritz Lang e ofrecer, ao tempo, unha visión do panorama artístico galego actual.
Descargar todas as imaxes