O Concello inaugura a primeira fase do gran parque de Navia, que totaliza 1,4 millóns de investimento
O goberno vigués abre ao público o complexo deportivo -cunha pista polideportiva e un Pump Truck- e a zona de descanso, que inclúe un espazo con mobiliario e bebedeiro, futbolíns, xogos de mesa e tenis de mesa. Abel Caballero avanzou que a área infantil para os máis pequenos abrirá en 10 días, a dos maiores, a mediados de abril; e a pista de skate, a finais de marzo ou inicios de abril.
O de Navia vaise converter "nun dos grandes parques infantís de Vigo e de Galicia", aseverou o alcalde en rolda de prensa. Hoxe venres dáse o primeiro paso coa inauguración do complexo deportivo e a zona de descanso.
O espazo deportivo presenta unha pista polideportiva de fútbol sala e baloncesto e a Pump Truck, un circuíto para monopatíns e bicicletas que se percorre coa inercia dos saltos e dos peraltes. A zona de descanso inclúe dous futbolíns e outras tantas mesas de ping pong, cinco con xogos de mesa, un cargador de móbiles solar e un espazo con mobiliario deseñado ao efecto, arborado e bebedeiros.
Nuns dez días, segundo avanzou Abel Caballero, estará aberto a zona do parque infantil habilitada para os máis pequenos mentres que, a dos nenos maiores, estará inaugurada a mediados de abril.
Este "gran parque infantil e de ocio", en verbas do rexedor, goza dun orzamento de 1,1 millóns e complétase coa pista de skate, roller e BMX que ultima o Concello de Vigo en Navia. Cun investimento adicional de 300.000 euros, esta última estaría operativa a finais de marzo ou comezos de abril, logo de ser deseñada polos responsables das pistas do Marisquiño.