O novo centro de servizos sociais municipais de Coia atenderá a unha poboación de 75.000 persoas

martes, 25 nov 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciaron este martes que o novo centro municipal de servizos sociais de Coia, que estará rematado a mediados do 2009 atenderá a unha poboación de 75.000 persoas. Así o explicaron Santi Domínguez e María Méndez no transcurso da visita que realizaron ao inicio das obras, que contan cun orzamento de 450.000 euros.

El nuevo centro de servicios sociales municipales de Coia atenderá a una población de 75.000 personas

martes, 25 nov 2008

El teniente de alcalde, Santi Domínguez, y la concejala de Bienestar Social, María Méndez, anunciaron este martes que el nuevo centro municipal de servicios sociales de Coia, que estará acabado a mediados del 2009 atenderá a una población de 75.000 personas. Así lo explicaron Santi Domínguez y María Méndez en el transcurso de la visita que realizaron al inicio de las obras, que cuentan con un presupuesto de 450.000 euros.

María Méndez destaca o labor da ONG INPRHU-Somoto na mellora da calidade de vida en Nicaragua

xoves, 20 nov 2008

A concelleira de Benestar Social e membro da executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, María Méndez, salientou o traballo que desenvolve a ONG INPRHU-Somoto na mellora das condicións de vida en Nicaragua. Na presentación dos programas que se desenvolven neste país latinoamericano, ademais da edil participaron as representantes desta ONG Rosario Cáceres e Nelys Reyes, quenes explicaron que os proxectos que se levan a cabo buscan a superación da pobreza e o freo da emigración.

Abre oficialmente as súas portas en Vigo o Centro de Asesoramento aos inmigrantes

mércores, 12 nov 2008

As máis de 16.000 persoas inmigrantes que residen en Vigo contan desde xuño cun novo centro de información, orientación e asesoramento no baixo do número 43 da rúa Don Bosco, aberto oficialmente este mércores. A instalación, inaugurada polo presidente da Fundación Juan Soñador, o presidente de Caixanova e o alcalde, desenvolve funcións de asistencia social, xurídica e de formación.

Unha maqueta da Casa da Xuventude feita por usuarios de Cedro fai visible o labor de prevención da drogodependencia

martes, 11 nov 2008

As concelleiras de Benestar Social e Xuventude, Máría Méndez e Iolanda Veloso, respectivamente, participaron hoxe na entrega dunha maqueta da Casa da Xuventude realizada polos usuarios e usuarias das unidades de día de Cedro. María Méndez explicou que o acto se enmarca na celebración do décimo aniversario do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións (PLDA), que pretende "facer visible o traballo que se está a desenvolver".

Benestar Social pon en marcha o "Outono cultural" para os maiores para fomentar o avellentamento activo

martes, 4 nov 2008

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, subliñou este martes que "apostar decididamente polo avellentamento activo" é o principal obxectivo da nova iniciativa organizada polo seu departamento, o "Outono cultural para os nosos maiores". Segundo explicou a edil, este novidoso programa desenvolverase ao longo do mes de novembro e con el as persoas maiores terán a posibilidade de acudir ao teatro e visitar os museos da cidade.

María Méndez impulsa a colaboración cos centros educativos para atallar situacións de menores en risco

mércores, 29 out 2008

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este mércores a súa aposta pola colaboración entre os servizos municipais de Benestar Social e os equipos de dirección e orientación dos centros educativos da cidade para abordar os mecanismos de intervención cos menores.A edil mantivo hoxe un encontro de traballo cos directores e directoras, así como cos responsables dos equipos de orientación, de centros de ensino de primaria e secundaria para avanzar nesa colaboración e atallar situacións de menores en risco social.

María Méndez salienta que os orzamentos de Benestar Social medrán nas áreas de apoio aos máis necesitadas

martes, 28 out 2008

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, subliñou este martes que "priorizar as áreas que inciden en paliar as consecuencias da crise económica" foi o principal criterio da elaboración dos orzamentos do seu departamento para o exercicio do 2009. Benestar Social contará con preto de 6 millóns de euros, centrados fundamentalmente no incremento dos servizos destinados ás persoas maiores e en risco de exclusión e o aumento das axudas aos colectivos máis desfavorecidos e para libros e comedores.

Pikor Teatro representa o martes a obra "Pisa la raya" no marco do décimo aniversario do Plan Local de Drogas

luns, 27 out 2008

Dentro dos actos conmemorativos do X Aniversario do Plan Local de Drogodependencias e Outras Adiccións do Concello de Vigo, a compañía Pikor Teatro realizará o martes, 28 de outubro, dúas representacións da obra "Pisa la raya". Nos espectáculos, que terán lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova ás 12.00 horas e ás 16.30 horas, participarán 713 alumnos e alumnas pertencentes a 13 centros de ensino de Vigo.