Bando de Mobilidade e Seguridade

Normas para as fogueiras da noite de San Xoán

mércores, 13 xuñ 2007

As persoas, organizacións ou comunidades que desexan facer unha fogueira e aínda non dispoñan da correspondente autorización deberán solicitala no Rexistro Xeral deste Concello, con cando menos 5 días hábiles de antelación ao evento; terán que sinalar o lugar elixido así como o nome, enderezo, teléfono e DNI dos/as responsables das organizacións ou comunidades.