Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Doutor Cadaval

<br />

venres, 1 xuñ 2007
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de saneamento, a realizar pola empresa Aqualia, estará pechada ao tráfico a rúa Dr Cadaval, á altura do número
29, con acceso exclusivo para garaxes, dende o domingo 3 de xuño de 2007 ás 08.00 horas e por un período aproximado de un día.
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas Progreso e López de Neira que, mentres duren as obras, queda en sentido único cara á rúa Dr Cadaval.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.