Mobilidade e Seguridade

Autorización provisional de aparcamento aos residentes do sector sete do entorno de Povisa

venres, 7 nov 2008

Debido á execución das obras de humanización que se executan no entorno do Policlínico Povisa, e considerando a reducción de prazas de aparcamento da XER existentes en dita zona, autorízase provisionalmente aos residentes pertencentes ao sector sete, que comprende as rúas Tarragona, Zamora, Barcelona, Zaragoza, Pintor Colmeiro, Álvaro Cunqueiro, Salamanca e Regueiro, a estacionar nas prazas XER ubicadas no sector oito, que comprende as rúas Pintor Lugrís, López Mora, Alfonso X el Sabio, Pintor Laxeiro, Gerona, Otero Pedrayo e Regueiro.

III Seminario Galego de Etnografía "A vida cotiá dos galegos en época contemporánea"

venres, 31 out 2008

O CAT, Centro de Artesanía Tradicional de Vigo organiza o III Seminario Galego de Etnografía co fin de achegar a toda a cidadanía os valores do noso patrimonio etnográfico. Nesta III edición contará coa presencia do escritor e catedrático de Escola Universitaria de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago, Xavier Castro Pérez, que achegará aos modos de vida cotiá dos galegos na época contemporánea.

ANUNCIO MOBILIDADE E SEGURIDADE<br />

Pechada ao tráfico a rúa Aragón, treito entre Jenaro de la Fuente e Urzáiz

mércores, 22 out 2008

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de instalación de colectores soterrados, a realizar pola empresa HIDROSCIVIL, estará pechada ao tráfico a rúa Aragón, treito entre Jenaro de la Fuente e Urzáiz, con acceso exclusivo para garaxes, dende o xoves 23 de setembro de 2008 ás 10:00 horas e por un período aproximado de dous días.