Anuncio de Recadación Voluntaria
venres, 29 ago 2008
Conforme co establecido no artigo 60.1 de Ordenanza fiscal xeral, aprobada por acordo do Pleno do día 25 de decembro de 1995 publicado no BOP 27 de decembro de 1995, e no uso das atribucións que me confiren, resolvo sinalar o período de cobranza voluntaria para os padróns dos impostos sobre bens inmobles e actividades económicas dende o 1 de setembro ao 3 de novembro deste ano.
Anuncio de Mobilidade e Seguridade
luns, 25 ago 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar <br />
pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa Brea, á altura dos números 30-69, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 25 de agosto de 2008 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana.
Anuncio
venres, 22 ago 2008
Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nos exames para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE AUTOTAXIS, que deberán presentar a solicitude xunto coa documentación esixida na vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo, até o día 10 de setembro dos correntes. Teranse en conta soamente as solicitudes entregadas a partir do 16 de maio de 2008, incluído.
Anuncio de Mobilidade e Seguridade
martes, 19 ago 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización, a realizar pola<br />
empresa ORESA, estarán pechadas ao tráfico as rúas Cataluña e León, treito entre Jenaro de la<br />
Fuente e Urzáiz, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 20 de agosto de 2008 ás 10:00 horas e por un período aproximado de catro meses.