Igualdade
venres, 19 set 2008
A concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o curso de carácter gratuíto: "Os praceres de Lola. Obradoiro de erotismo para mulleres".Os praceres de Lola é un obradoiro tuppersex feminista cun fin formativo ademais de lúdico, no que se pretende quitar de encima os mitos, tabús e prexuízos e permitir que as mulleres poidan gozar, coñecerse, reivindicar e descubrir a súa sexualidade.
Anuncio de Mobilidade e Seguridade
martes, 16 set 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de humanización da rúa

Salamanca, a realizar pola empresa MOVEXVIAL, estará pechada ao tráfico no treito entre as rúas Zaragoza e Pintor Colmeiro, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 17 de setembro de 2008 ás 10:00 horas e por un período aproximado de nove semanas.

Mobilidade, Transportes e Seguridade
venres, 12 set 2008
De conformidade có disposto no artº 3 da "Ordenanza Municipal reguladora do transporte regular especial de uso escolar", aprobada inicialmente polo Pleno Municipal en data 10 de abril de 1992 e, definitivamente polo Pleno Municipal en sesión de 11-09-1992, recórdase aos titulares das empresas de vehículos adicadas á realización do servicio de transporte escolar dentro do casco urbano, que antes do comenzo do vindeiro curso 2008-2009 (setembro 2008), deberán dispor da oportuna autorización municipal.
ANUNCIO MOBILIDADE E SEGURIDADE
martes, 9 set 2008
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de saneamento, a

realizar pola empresa SERCOYSA, estará pechada ao tráfico a rúa Robleda, treito entre Santander e

Sanjurjo Badía, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 10 de setembro de 2008 ás

10:00 horas e por un período aproximado de dúas semanas.
Anuncio Benestar Social
venres, 29 ago 2008
O departamento de Benestar Social informa que a partir do 1 de setembro e ata o 15 de novembro fará entrega dos talóns polas axudas municipais escolares de libros, ano 2008-2009, concedidas.
venres, 29 ago 2008
A Escola Municipal de Artes e Oficios anuncia o calendario oficial de presentación de solicitudes de novo ingreso e matriculación para o curso 2008-2009.