O alcalde de Vigo entrega o galardón "Automóbil do ano en Galicia"
martes, 8 xul 2003O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, preside a entrega de premios "Automóbiles do ano en Galicia 2003" nun acto celebrado no Club Financeiro de Vigo.
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, preside a entrega de premios "Automóbiles do ano en Galicia 2003" nun acto celebrado no Club Financeiro de Vigo.
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, e o concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño, visitaron as obras realizadas polo paso soterrado no Troncal, á altura da construcción do novo centro comercial Carrefour.
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, convocará de forma inmediata os membros interesados en conformar a área metropolitana, para o que será necesaria unha vontade política de cara a impulsar esta entidade intermunicipal baseada en criterios fundamentalmente socioeconómicos. Pérez Mariño tomou esta decisión no transcurso da entrevista co presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga.
Pérez Mariño entrevistouse co conselleiro de Obras Públicas, Política Territorial e Vivenda, Alberto Núñez Feijóo, para tratar temas pendentes de colaboración entre as administracións autonómica e local.
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, afirmou que Vigo necesita reforzar o seu liderazgo político e económico na apertura do "Foro 2003 da economía galega" que se celebrou no Centro social de Caixanova. Mariño apostou tamén por crear "unha nova fronte marítima da cidade e da área urbana, física-urbanística, loxística, manufactureira, cultural e ambiental".
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, entrevistouse con representantes do Club Financiero Vigo, co presidente do Real Club Náutico, co bispo José Diéguez Reboredo e con membros do corpo consular.
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, asinou o decreto polo que se estructuran as áreas e servicios que estarán dirixidos polos concelleiros do Goberno municipal.
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, entrevistouse con representantes da Asociación de comerciantes Zona Centro e da Federación de veciños "Eduardo Chao".
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, entrevistouse cos representantes da Confederación de Empresarios de Pontevedra e manifestaron a necesidade de mellorar as infraestructuras para o desenvolvemento da cidade.
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, recibiu a consulesa de Uruguai nunha visita protocolaria e inaugurou o "I Salón da subcontratación industrial, servicios e subministros: Plataforma 2003" no recinto feiral de Cotogrande.