Caballero subliña o "éxito" dos campamentos municipais de verán, con 20.000 prazas ofertadas

xoves, 24 xul 2014

O alcalde visitou este xoves o campamento urbano "Verán no Castro" e salientou a conciliación da vida familiar e laboral que fai posible, ao incluir un servizo de aula matinal e de comedor. Os 30 nenos participantes realizan actividades deportivas, creativas e de expresión baixo a supervisión de cinco profesionais. Esta proposta forma parte das 20.000 prazas que oferta o Concello este verán.

Oferta de cursos da Concellería de Xuventude

martes, 14 xan 2014

A Concellería de Xuventude abre o prazo de inscrición de novos obradoiros e actividades para os meses de xaneiro e febreiro. A oferta dos cursos, de carácter gratuito, é de informática, técncicas de estudo, hortas ecolóxicas, fotografía dixital, entre outras.