Escoitar

O Concello de Vigo abre a inscrición para os campamentos de verán cunha oferta de máis de 5.600 prazas

Desde este mércores ata o vindeiro 31 de maio, estará aberto o prazo para inscribirse no Verán Xove do Concello de Vigo. O alcalde, Abel Caballero, sinalou que o número de participantes aumenta de novo e destacou que o prezo é "moi asequible" grazas á subvención municipal.

luns, 21 mai 2018
1526906694VeranXove_02.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a apertura dunha nova edición de Verán Xove, a actividade de campamentos urbanos e actividades deportivas organizadas polo Concello. Coa gran novidade das acampadas familiares en VigoZoo, o rexedor destacou o aumento un ano máis do número de prazas.

"De novo crece a oferta municipal ata chegar a un total de 27.664 prazas, a maior oferta que houbo nunca na cidade", sinalou Caballero. As actividades organizadas este ano polos departamentos de Xuventude, Deportes, Política Social, Festas e VigoZoo supoñen 2.408 prazas máis que en 2017 (25.256 prazas) y 5.508 máis que en 2016 (22.156).

En total, serán 5.624 prazas en campamentos urbanos e actividades deportivas e outras 22.040 en ocio infantil e xuvenil para todas as idades. "Son moi asequibles e todas as familias poden acceder ás actividades grazas as achegas por parte do Concello que alcanza unha subvención media do 65 por cento do custe", explicou o alcalde.

O prazo para inscribirse comenzará este mércores, 23 de maio, despois de publicarse no BOP da provincia e estará aberto ata o 31 de maio. As prazas serán sorteadas o vindeiro 4 de xuño e para realizar as solicitudes é preciso previamente darse de alta como solicitante, inscribir aos menores e pedir as actividades na área privada da web veran.xuventudevigo.org.

Segundo explicou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación, as inscricións poderán facerse telematicamente, con arquivos a través da área privada da página web xuventudevigo.org/veranxove2018, ou presencialmente na Casa da Xuventude (López Mora, 31), en horario de 9:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 de luns a venres.

Os campamentos ofertados serán Verán Naútico (Bouzas e ETEA), Verán Mariñeiro (Bouzas), Verán en Samil, Verán en Alcabre, Verán Ecolóxico/Medio Ambiental, Verán Artístico (VigoSónico), Verán Multideportivo, Verán na Casa da Xuventude, Verán en Coia, Verán en Inglés, Campamento con Pernocta en VigoZoo, Campamento Urbano (As Travesas) e Acampadas Familiares (Vigozoo). Ademais, tamén haberá Campus Polideportivos na ETEA, Vigo Cup Fútbol Sala, Vigo Cup Fútbol, Campus Club Maniotas, Club Alerta Navia, Campus Galicia Social, Campus "Menudos Atletas", Campamento "Divértete no Verán" e Campamento "Verán do Lecer". Por último, o Concello tamén organiza espazos de tempo libre infantil no Calvario, Coruxo e Lavadores, ademais de espazos de tempo xuvenil en Vigosónico.
Descargar todas as imaxes