venres, 5 dec 2014
Abel Caballero participou este venres no acto de entrega na Praza do Rei e informou posteriormente que a Oficina Municipal de Voluntariado suma preto de 2.500 inscritos, na súa maioría mulleres, que realizan accións de carácter ambiental, asistencial, solidaria, cultural, social e deportivo.
martes, 28 out 2014
O edil de Voluntariado, Santos Héctor Rodríguez, salientou este martes o "compromiso coa cidade e os seus concidadáns" dos 2.223 homes e mulleres inscritos na Oficina Municipal. O Concello ofrécelles formación xenérica e específica para as actividades que realizan: asistenciais, medioambientais, solidarias, culturais, sociais e deportivas.
martes, 8 abr 2014
O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, explicou que a xuntanza deste martes permitirá dar a coñecer os cursos de formación que imparte o Concello aos voluntarios e recabar as suxerencias e demandas destes para mellorar a súa función. O edil recordou que, este ano, o goberno de Vigo engadiu cursos de coñecemento da cidade e de fomento da cultura.
xoves, 4 abr 2013
O alcalde de Vigo, despois dunha reunión con representantes do colectivo, anunciou a organización dunha xornada para agradecer o compromiso dos case 1.200 voluntarios inscritos na Oficina Municipal de Voluntariado e fomentar a participación da cidade.
luns, 7 xan 2013
O alcalde de Vigo supervisou a cesión de 800 libros que desde o Concello se entregaron a Unidade de Traballo Social de Coia (antes UBA). Tal e como explicou, se entregaron outros tantos volumes á unidade de Rivera Atienza e ao Centro de Inclusión Social.
mércores, 12 dec 2012
O rexedor, Abel Caballero, e o concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, fixeron entrega este mércores dos diplomas polos cursos de formación recibidos por 120 dos 1.529 inscritos na Oficina Municipal de Voluntariado. O alcalde eloxiou a "grandeza" deste colectivo que colabora desinteresadamente na cidade.
mércores, 12 dec 2012
El regidor, Abel Caballero, y el concejal de Participación Ciudadana, Santos Héctor, hicieron entrega este miércoles de los diplomas por los cursos de formación recibidos por 120 de los 1.529 inscritos en la Oficina Municipal de Voluntariado. El alcalde elogió la "grandeza" de este colectivo que colabora desinteresadamente en la ciudad.
mércores, 5 dec 2012
O alcalde, por mor do Día Internacional do Voluntariado, visitou as carpas instaladas na rúa do Príncipe, tras o que resaltou que en Vigo son 1.700 as persoas que forman parte desde movemento, en áreas como o medioambiente, xuventude, deporte, cultura, política social.
mércores, 5 dec 2012
El alcalde, por mor del Día Internacional del Voluntariado, visitó las carpas instaladas en la calle del Príncipe, tras lo que resaltó que en Vigo son 1.700 las personas que forman parte desde movimiento, en áreas como el medioambiente, juventud, deporte, cultura, política social.
mércores, 21 nov 2012
Baixo o título " Non o digo de oídas" a oficina Municipal de Voluntariado e a ONG Solidarios Anónimos, presenta o primeiro Master Class Social protagonizado polos colectivos do terceiro sector. O acto no que tamén se presentará o libro "Anarquía creativa" de Carlos Mañas, terá lugar na Casa Galega da Cultura o xoves 22 de novembro de 17h a 20 horas.