Escoitar

Caballero quere facer de 2015 "o ano do voluntariado en Vigo"

O alcalde avogou hoxe por implicar a todo o goberno local nas tarefas que realizan os voluntarios municipais nas áreas sociais, asistenciais, mediambientais, solidarias, culturais e deportivas. Avanzou a súa vontade de estimular este servizo "vertebrador" da cidade para convertir o 2015 "no ano do voluntariado en Vigo"

mércores, 4 feb 2015
1423057022voluntariado.JPG
Logo de manter un encontro co consello asesor do voluntariado municipal, Caballero avanzou a súa vontade de "estimular" este servizo de "vertebración da cidace" que xa coopera en todas as derivadas de desenvolvemento da cidade: social, asistencial, mediambiental, solidario, cultural e deportivo. Neste punto, explicou que se vai ampliar este consello asesor, coa incorporación de novas concellerías.

Tal e como detallou o rexedor, a Oficiña Municipal do Voluntariado conta con 2.223 inscritos -dos que 1.407 son mulleres e 816 homes- que xa participan en novidosos programas como voluntariado cultural (con lecturas en distintas bibliotecas da cidade); coñecemento da cidade (visitas guiadas); fomento da música, do teatro ou da rede museística; rutas escultóricas pola cidade; acompañamento e apoio escolar, entre outras. En declaracións aos medios, o rexedor destacou a presencia de persoas con discapacidade que traballan como voluntairos integrándose e axudando a outras persoas.
Descargar todas as imaxes