luns, 2 feb 2015
O alcalde, xunto a varios integrantes do seu goberno, visitou este luns o Parque Central, onde o artista Nelson Villalobos traballa no gran mural que o Concello instalará na futura praza de Martínez Garrido, situada entre os camiños de Medeiro e Sobreiro. Ademais, Caballero revelou que o novo espazo homenaxeará cun busto ao rexedor que da nome á Avenida, fusilado en 1936 polo franquismo.
luns, 2 feb 2015
Segundo o Índice de Transparencia dos Concellos (ITA), elaborado por unha organización internacional, Vigo é a cidade galega máis transparente, chegando á máxima puntuación en parámetros como transparencia económica e financeira ou urbanismo e obras públicas. Abel Caballero amosou este luns a súa "satisfacción" e avanzou que "seguiremos traballando para conseguir 100 sobre 100" puntos.
luns, 2 feb 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, reuníronse este mediodía cos clubs de elite da cidade (trece) para anunciarlles o "pago inmediato" dos seus convenios.
luns, 2 feb 2015
Normalizacion Lingüística inicia esta semana novas actividades nos centros de ensino.Para ESO, Bacharelato e FP programa obradoiros de regueifa. Ademais, organiza unha actividade sobre o Merdeiro, para 1º e 2º da ESO e máis para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.<br />