Caballero anuncia o "pago inmediato" da subvención aos clubs de elite para evitarlles tensións de tesourería
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, reuníronse este mediodía cos clubs de elite da cidade (trece) para anunciarlles o "pago inmediato" dos seus convenios.
O rexedor, en comparecencia ante os medios de comunicación, dixo que o encontro cos representantes dos clubs, que durou pouco máis de vinte minutos, serviu como "intercambio de opinións sobre o estado en que se desenvolve o deporte en Vigo", constatando que "goza de moi boa saúde", dixo.
O alcalde puxo como exemplos de "cambio de ciclo" os últimos resultados de Celta e Coruxo, ou a traxectoria do Celta feminino de baloncesto.
As axudas anunciadas son de 628.000 euros, unha cantidade "moi importante" aínda que matizou que "moi superior é a nosa axuda ao deporte de base". Con esta iniciativa municipal o Concello "facilita a utilización da tesourería dos clubs", e lembrou Caballero que "hai Administracións que nin existen" ou que pagan tan tarde as subvencións que "obrigan aos clubs a contratar pólizas e estas levan a gastos financeiros".
Descargar todas as imaxes