martes, 3 febreiro 2015

O goberno local provome accións para atraer o turismo ás Cíes en tempada baixa

A campaña de promoción das Illas Cíes iniciada polo Concello tratará de levar turistas durante a tempada baixa, implementando un programa experimental de actividades na natureza, ligadas aos recursos que ofrece o Parque. Será a partir de xuño, indicou o rexedor, cando se inicie oficialmente a campaña para que as illas sexan declaradas patrimonio medioambiental da Humanidade pola Unesco.