Escoitar

O Concello instalará herba artificial nos campos de fútbol de O Carballal e do colexio Hogar

O alcalde de Vigo avanzou hoxe martes que o Concello instalará herba de última xeración nos campos de fútbol de O Carballal e do colexio Hogar. Así o explicou en rolda de prensa logo de que onte visitara as instalacións nas que usa o Gran Peña.

martes, 3 feb 2015
1422969056carballal.JPG
Logo de visitar as instalacións acompañado pola directiva do Gran Peña, o alcalde deu orde de encargar proxecto para renovar o campo de O Carballal, sustituíndo, en primeiro lugar, a terra por herba de última xeración. Esta remoledación tamén incluirá a reforma dun vestiario, dado que o outro xa fora mellorado anteriormente polo Concello.

Nesta mesma liña, Caballero tamén avanzou a sustitución do terreo de xogo do campo do colexio Hogar, instalando herba de última xeración, habida conta da falta de iniciativa de Afundación, responsable da intalación. A semana que vén visitará o campo, tal e como dixo.
Descargar todas as imaxes