Escoitar

Actividades de Normalizacion Lingüística nos centros de ensino

Normalizacion Lingüística inicia esta semana novas actividades nos centros de ensino.Para ESO, Bacharelato e FP programa obradoiros de regueifa. Ademais, organiza unha actividade sobre o Merdeiro, para 1º e 2º da ESO e máis para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.<br />

luns, 2 feb 2015
1422873552merdeiro.jpg
-Os "obradoiros de regueifas" teñen a intención de ser unha porta á nosa tradición e cultura oral, pero que responden á necesidade de coñecer a rima, ritmo, métrica... a poesía. Dos obradoiros de regueifa xorde o Certame escolar. Os monitores da actividade escollen as e os mellores alumnos regueifeiros para participar no CERTAME ESCOLAR, ao que acoden o total de alumnos dos centros participantes e na que ao redor de oitenta mozos e mozas soben ao escenario para regueifar.

No certame do ano pasado, que se realizou o 21 de marzo, participaron activamente (regueifando) uns 100 mozos e mozas e arredor de 700 animaron o seu devir. Este ano está prevista a realización do certame o 13 de marzo.

-A actividade sobre "O merdeiro" busca achegarmos a figura do entroido tradicional vigués, o merdeiro aos centros escolares. O obxectivo deste proxecto é dar a coñecer esta figura, achega a historia do entroido tradicional vigués e identificar a figura do merdeiro, a súa historia, carácter...
Descargar todas as imaxes