Caballero data para febreiro a aprobación do proxecto construtivo do ascensor HALO

martes, 1 feb 2022

O goberno de Vigo agarda polos informes sectoriais de ADIF e do Ministerio de Transportes para validalo. A previsión do Concello, trasladada este martes polo alcalde, é ratificalo e iniciar a licitación este mesmo mes de febreiro. O elevador conectará García Barbón con Vía Norte: “Imos facer un dos grandes ascensores que hai en ningunha cidade de España”, asegurou Caballero.

Urzáiz conta cun novo miradoiro sobre a cidade

xoves, 23 dec 2021

O alcalde participou este xoves na apertura do novo espazo, situado na parte superior da fachada da antiga estación, entre a confluencia de Vía Norte con Urzáiz e Baixada á Estación. “Toda a parte da beirarrúa dereita, poderá usarse deste hoxe”, anunciou o rexedor á cidadanía.