A Xunta Local de Seguridade acorda manter o reforzo policial en Candeán e Cabral

mércores, 4 xuñ 2008

A Xunta de Seguridade se reuníu este mércores para tratar da seguridade en xeral da cidade e en particular das parroquias de Cabral e Candeán, tras os robos acontecidos durante o mes de maio. A Policía Local e Nacional manterá a vixiancia especial na zona, e tanto o alcalde coma o subdelegado do Goberno sinalan que non existen razóns para a alarma social.

A campaña de educación vial da policia local chega a 15.000 alumnos de Vigo

mércores, 28 mai 2008

No curso actual, a campaña contempla charlas en 80 centros de Vigo, prácticas no Parque Infantil de O Castro e actividades como o reparto de carteis informativos ou a Feira da Xuventude. O departamento de Educación Vial xa está a preparar a programación para o vindeiro curso. O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Xulio Calviño, visitaron este mércores o centro de educación vial de O Castro.

O Concello creará 138 novas prazas de aparcamento para motos na cidade

mércores, 21 mai 2008

Os 138 novos estacionamentos supón un incremento dun 41% con respecto á actualidade, e estarán listos "nun mes". O obxectivo é "mellorar a mobilidade da cidade", finalidade coa que a Concellería de Mobilidade e Transporte está a elaborar un "estudo de mobilidade sostible" cun investimento de 120.000 euros. Xulio Calviño avanza que estas medidas se ampliarán no futuro.

As obras do aparcamento de Policarpo Sanz comezan o próximo luns

xoves, 15 mai 2008

Tras o inicio o pasado luns dos traballos do párking de Pintor Colmeiro, o próximo luns, 19 de maio, dará comezo a construcción do seguinte aparcadoiro en Policarpo Sanz. O goberno local xa ten preparado o plan de tráfico, que varía segundo a fase na que se atope a obra. O alcalde, Abel Caballero, fixou os dous obxectivos do Plan: "mínimas molestias para os cidadáns e garantir o tráfico fluido na cidade".

O Concello axiliza o tráfico na Travesía de Vigo cunha nova sinalización

luns, 5 mai 2008

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Xulio Calviño, presentaron este luns a nova sinalización horizontal e vertical na Travesía de Vigo, máis visible e efectiva, coa que o Concello "mellorará o tráfico". A actuación contempla a creación de zonas de carga e descarga e de novas prazas de aparcamento para discapacitados, e a instalación de marquesiñas e paneis informativos dos percorridos.

14 paneis ofrecerán información actualizada dos acontecementos máis relevantes da cidade

mércores, 16 abr 2008

Os dispositivos aportarán información inmediata sobre cortes de rúas, rutas alternativas, celebracións especiais, actividades culturais e calquera tipo de evento de interese para os cidadáns. O primeiro dos paneis, na esquina de Travesía con Urzáiz, foi inaugurado este mércores polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, o concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Xulio Calviño, e a Diretora Xeral da concesionaria JCDecaux en España, Isabel López.