O Xardín francés de Castrelos permanecerá hoxe pechado para fumigar contra un fungo

luns, 25 abr 2016

Técnicos municipais decretaron o peche do Xardín francés de Castrelos durante a mañá de hoxe martes para proceder á realización dos tratamentos sobre as follas e as ramiñas do Buxus spervirens. O obxectivo é mitigar os danos producidos polo fungo Cylindroclaium buxícola. O Xardín permanecerá pechado entre as 08,00 e as 11,00 h, e as limitacións de acceso ao público ampliaranse ata ás 14,00 h.

O goberno local "abraza" o olivo do Paseo de Alfonso como símbolo da acción municipal en favor da natureza

luns, 21 mar 2016

Con motivo da conmemoración do Día Internacional dos bosques, segundo a ONU, o alcalde de Vigo participou esta mañá nun "abrazo" colectivo ao centenario olivo do Paseo de Alfonso XII, como símbolo da acción municipal e favor da natureza. No acto participaron varios concelleiros do goberno local e representantes de diversos colectivos representativos da cidade.

O Concello inaugura o alumeado de Nadal coa árbore "máis grande de Europa"<br />

venres, 27 nov 2015

As rúas de Vigo locen dende hoxe as máis de dous millóns e medio de lámpadas e os 2.030 motivos e arcos que conforman o alumeado das festas do Nadal. O alcalde e parte da Corporación Municipal presidiu na grande árbore que o Concello instalou na Portal do Sol o acto de acendido da iluminación que este ano se amplía a novas rúas e que se reforza nas parroquias e en varias zonas do centro da cidade. Ata o 6 de xaneiro, o alumeado do Nadal permanecerá prendido entre as 18:00 horas da tarde e a 01:00 da madrugada con ampliación de horario ata as 08:00 da mañá os días máis significativos das festas: o 24, 25 e 31 de decembro e o 1, 5 e 6 de xaneiro. Abel Caballero dixo que Vigo conta "coa árbore de luces máis grande de Europa" e desexou boas festas a toda a cidadanía. <br />

O Concello construirá dous novos parques infantís e remodelará os de Venezuela e a Praza Elíptica

mércores, 14 out 2015

Abel Caballero visitou esta mañá o parque infantil da Praza da Independencia logo das obras de remodelación nas que o Concello investiu 40.000 euros e que supuxeron a ampliación do espazo dispoñible e a incorporación de elementos xunto coa reforma dos xa existentes. O rexedor informou da construción dos novos parques infantís de Teixugueiras e dos Capuchinos e adiantou que se reformarán os de Venezuela e da Praza Elíptica para continuar coa construción destes espazos que son unha "demanda" da sociedade viguesa.