A Deputación investirá 1,5 millóns na mellora de varias rúas de Vigo

martes, 8 ago 2006

A Deputación de Pontevedra investirá 1,5 millóns de euros en obras de mellora nas rúas República Arxentina, Rogelio Abalde, Gravina, Churruca e na praza da Independencia, segundo o convenio de colaboración asinado hoxe martes no Concello pola alcaldesa, Corina Porro, e o presidente do organismo provincial, Rafael Louzán.

La Diputación invertirá 1,5 millones en la mejora de varias calles de Vigo

martes, 8 ago 2006

La Diputación de Pontevedra invertirá 1,5 millones de euros en obras de mejora en las calles República Arxentina, Rogelio Abalde, Gravina, Churruca y en la plaza da Independencia, según el convenio de colaboración firmado hoy martes en el Ayuntamiento por la alcaldesa, Corina Porro, y el presidente del organismo provincial, Rafael Louzán.

O Concello quere mellorar a mobilidade con novos túneles urbanos

martes, 4 xul 2006

O Concello propón dotar a Vigo de cinco túneles urbanos (Aragón-Martínez Garrido, Camelias-Venezuela, Castelao-Grove, Beiramar e Guixar) e unir o territorio municipal entre o nó de Buenos Aires e o nó da Balsa (segundo cinto) por medio da Ronda de Vigo. A proposta foi presentada hoxe martes pola alcaldesa, Corina Porro, como unha vía para "retirar o tráfico da superficie e mellorar a mobilidade".

Humanización da rúa Tui

mércores, 7 xuñ 2006

A alcaldesa, Corina Porro e mailo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzan visitaron hoxe o remate das obras da intervención urbana que se realizou na rúa Tui, entre Castelao e a Avda. da Florida.

Corina Porro visita as obras de mellora da Travesía de Vigo

xoves, 25 mai 2006

A alcaldesa, Corina Porro, e o concelleiro de Servizos Xerais, Carlos Comesaña, visitaron hoxe xoves a Travesía de Vigo para coñecer o estado das obras de mellora que se están a levar a cabo nesta rúa desde principios de ano. Os traballos, que se realizarán en dúas fases, contan cun orzamento total de dous millóns de euros.