mércores, 7 abr 2021
As achegas de emerxencia beneficiaron a case 35.000 persoas desde o inicio da pandemia cun orzamento de 1,9 millóns de euros. O perfil deste servizo é agora un traballador ou traballadora en ERTE que non pode asumir o alugueiro ou a hipoteca.
martes, 6 abr 2021
O Concello segue a tramitar a ordenanza de terrazas e recollerá suxestións cidadás ata o 14 de abril. A partir dese momento, comezará a redacción dun texto que prevé adaptar a actual normativa á nova situación sanitaria mantendo a taxa cero por ocupación da vía pública
mércores, 31 mar 2021
Cos votos favorables do grupo popular e a abstención do grupo Mixto e do concelleiro non adscrito, o Pleno deu luz verde á aprobación inicial do proxecto de modificación da Ordenanza reguladora das taxas pola prestación do servizo das escolas de primeira etapa de Educación Infantil.
mércores, 31 mar 2021
A Corporación Municipal, co rexeitamento do grupo do PP, do grupo Mixto e do concelleiro non adscrito, deu luz verde á modificación orzamentaria para o suplemento de crédito e crédito extraordinario financiado con remanente líquido de Tesourería.
martes, 23 mar 2021
Abel Caballero mantivo un novo encontro este martes coa delegada especial da Axencia Tributaria en Galicia, Imelda Capote para avanzar na procura dunha sede para o establecemento do organismo que prestará servizos de información e asistencia por medios electrónicos.
martes, 23 mar 2021
O total das deducións do IBI na cidade de Vigo elévase aos 4,2 millóns de euros, segundo detallou esta mañá o rexedor. Un dos colectivos beneficiados con esta medida son as familias numerosas, que contan cunha bonificación do 90% deste imposto.
luns, 22 mar 2021
O presidente da FEMP mantivo un encontro co ministro de Política Territorial e Función Pública, Miquel Iceta, no que acordaron fixar unha data para tratar, coa Xunta de Portavoces da Federación, o volume de recursos do Ministerio que se asignarán aos Concellos.
venres, 12 mar 2021
O presidente de la FEMP destacou que “entramos nunha nova partida de fondos do Goberno para cubrir o déficit do transporte urbano”. O BOE publicou hoxe a resolución pola que se marcan as instrucións a seguir para que os gobernos locais poidan afrontar os déficits das empresas de transporte público provocados pola pandemia.
martes, 9 mar 2021
A ordenanza municipal de terrazas que está en tramitación posibilitará o uso de máis espazo -retirando prazas de aparcamento se así fora preciso- e permitirá instalacións permanentes non ancladas. Así llo trasladou esta mañá o rexedor aos responsables de FEPROHOS cos que mantivo un “cordial” encontro.
luns, 22 feb 2021
Abel Caballero trasladou este luns a súa “satisfacción polo importante relanzamento da exportación” o ano pasado, “como unha parte tan importante da economía, con interese para Vigo, para Galicia e España”.