Escoitar

O alcalde salienta que a Administración de Asistencia Dixital Integral de Vigo atenderá un terzo da poboación española

Abel Caballero mantivo un novo encontro este martes coa delegada especial da Axencia Tributaria en Galicia, Imelda Capote para avanzar na procura dunha sede para o establecemento do organismo que prestará servizos de información e asistencia por medios electrónicos.

martes, 23 mar 2021

Na reunión estiveron presentes tamén Olga Bobadilla, delegada da Axencia Tributaria de Vigo, o delegado de Zona Franca en Vigo, David Regades, e a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride.

 un gran avance e a primeira vez que Vigo ten un servizo dunha administración que depende directamente do Ministerio de Facenda e de ningún órgano intermedio. Isto colócanos nun chanzo. Por iso quedo agradecerlle moito á Ministra de Facenda a designación de Vigo para ser un dos tres lugares de España con Axencia Dixital Integral”, apuntou o alcalde.

A previsión é que este servizo da Administración de Asistencia Integral Dixital de Vigo estea en funcionamento no mes de novembro, previa instalación do funcionariado que conformará o organismo, de máis de 90 profesionais de alto nivel, que atenderán non soamente á poboación galega senón a “unha parte enteira de España, a un terzo da España desde Vigo”.

 


Segundo expuxo o rexedor, España contará con tres oficinas desta axencia: unha en Vigo, outra en Valencia e unha terceira que se abrirá en Andalucía e que estarán centralizadas desde Madrid. Prestarán dixitalmente atención á cidadanía relacionada con cuestións de facenda: censo, IRPF, IVA...

Descargar todas as imaxes