xoves, 25 mar 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o primeiro trámite para aprobar a ordenanza municipal que regulará as condicións de circulación de vehículos de mobilidade persoal nas vías urbanas da cidade.
xoves, 25 mar 2021
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto de mellora e reordenación de espazos na Praza da Miñoca que ten un prazo estimado de execución de 6 meses e que se desenvolverá co fin de “naturalizar o espazo”.
xoves, 25 mar 2021
O evento musical adiántase este ano á primavera e volverá a traer á cidade espectáculos da escena local, nacional e internacional nun formato moi similar ao do ano pasado, con servizo de barra e protocolo anti-Covid na terraza do Auditorio de Beiramar. Os artistas serán confirmados en próximos días.
xoves, 25 mar 2021
O goberno presidido por Abel Caballero estenderá a senda fluvial desde a Avenida de Madrid ata Manuel Álvarez, case que 3,5 quilómetros máis aos que dedicará 1.215.000 euros. O Concello tramita en paralelo as expropiacións e o expediente para licitar as obras.