O artista David Lamelas ofrece unha conferencia no MARCO

xoves, 25 out 2007

Dentro dos actos programados polo MARCO para celebrar o seu 5º aniversario, e como actividade complementaria da exposición "Tempo ao tempo", durante esta semana está en marcha o obradoiro do artista David Lamelas, dirixido a artistas, estudantes de Belas Artes e disciplinas afíns. Este xoves David Lamelas ofrecerá unha conferencia aberta ao público na que falará da súa obra e traxectoria.

O Festival Are-More achegará a música clásica a todos os públicos do 30 de outubro ao 17 de decembro

xoves, 25 out 2007

Facer chegar a música clásica a todos os públicos. Este é o obxectivo fundamental do Festival de Música de Vigo Are-More 2007, que foi presentado este xoves no Concello. Do 30 de outubro ao 17 de decembro, variadas propostas, entre as que se inclúen conferencias e cine musicado, repartiranse por diversos puntos da cidade dentro dunha iniciativa que alcanza xa a súa oitava edición.

Caballero visita o MARCO con motivo do quinto aniversario do museo

venres, 19 out 2007

O alcalde, Abel Caballero, visitou este venres o MARCO, que está próximo a cumprir o seu quinto aniversario, e sinalou que "este museo marca un fito importante na actividade cultural" de Vigo. Caballero engadiu que o MARCO "debe constituírse no emblema do desenvolvemento cultural da cidade", e que para iso "non imos escatimar recursos nos tempos vindeiros".

Cincuenta galerías expoñen a partir deste xoves en Puro Arte

xoves, 18 out 2007

A segunda edición da feira de arte contemporánea Puro Arte 2007 inaugúrase este xoves no IFEVI, cun acto ás 19.00 horas ao que asistirá o tenente de alcalde, Santiago Domínguez. Máis de 50 galerías de 13 países exporán un total de máis de 2.500 obras en pintura, escultura, fotografía e arte gráfica.

Cincuenta galerías exponen a partir de este jueves en Puro Arte

xoves, 18 out 2007

La segunda edición de la feria de arte contemporáneo Puro Arte 2007 se inaugura este jueves en el IFEVI, con un acto a las 19.00 horas al que asistirá el teniente de alcalde, Santiago Domínguez. Más de 50 galerías de 13 países expondrán un total de más de 2.500 obras en pintura, escultura, fotografía y arte gráfico.

Exposición no Verbum sobre recursos educativos nos museos de Galicia

xoves, 11 out 2007

<br /> <br /> O museo Verbum-Casa das Palabras acolle ata o 30 de decembro a exposición "Actividades e recursos educativos dos museos de Galicia" coa que se pretende difundir, potenciar e dinamizar as actividades educativas que se están a desenvolver nos museos galegos sobre o patrimonio natural, histórico, artístico, arqueolóxico, educativo e divulgativo da nosa sociedade.