A exposición "De Vigo a Bos Aires, Laxeiro e a pintura galega de posguerra" inaugúrase mañá na Casa das Artes<br />
A Casa das Artes acolle dende mañá e ata o 31 de agosto a exposición "De Vigo a Bos Aires, Laxeiro e a pintura galega de posguerra", que mostra como Vigo se converteu no centro da creación plástica galega a partir de 1939 e ata 1951, ano no que Laxeiro viaxa a Bos Aires. Na presentación da mostra, a concelleira de Patrimonio Histórico, a nacionalista Elena Maure, salientou a "gran calidade da exposición" que permite facer un recorrido pola traxectoria pictórica de Galicia nos anos da posguerra.<br />
A concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, felicitou á Fundación Laxeiro, representada polo seu director, Javier Pérez Buján, e o seu secretario e neto do artista, Carlos García Suárez, polo esforzo que está a desenvolver no centenario do nacemento de Laxeiro. Pola súa banda, a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino, quen salientou a figura e o traballo desenvolvido por Laxeiro nunha época "tremendamente difícil". Ademais, subliñou a puxanza da cidade de Vigo nesa época, non só no ámbito industrial, senón tamén no cultural.
A mostra quere, mediante cinco bloques temáticos, reflectir o mundo cultural no que se produce a produción pictórica de Laxeiro entre 1939 e 1951, ano da súa marcha a Arxentina. Así o apartado "A paisaxe e a cidade", inclúe obras que captan a ollada dos creadores sobre o Vigo dos anos corenta e cincuenta, no que desenvolven o seu traballo os artistas. Baixo título "O pulo industrial", amósanse exemplos da relación arte-vida económica e industrial e da ollada artística sobre a realidade en plena actividade. No apartado "O retrato", este é entendido como mostra de análise estética mais tamén como medio de vida en tempos de precariedade. O apartado "O mundo intelectual" amosa as conexións entre os diferentes ámbitos intelectuais e artísticos, co seu reflexo plástico. E finalmente en "Continuidade e renovación", amósanse as obras de diferentes artistas galegos como Laxeiro, Maside, Lugrís, Granell, Colmeiro, Díaz Pardo e Julia Minguillón, entre outros, no contexto da evolución do Movemento Renovador da Arte Galega da preguerra e a súa evolución posterior.
A exposición amosa, segundo o seu comisario Carlos Bernárdez, como os artistas que continúan a súa produción en Galicia tras a guerra civil e as novas xeracións formadas na posguerra, móvense nun medio extremadamente precario, mais non inexistente. Neste contexto, Vigo é un dos focos onde se mantén certo dinamismo, debido á presenza de artistas e escritores na cidade e a súa puxanza dentro do contexto galego a nivel económico, fundamentalmente industrial. A partir dos anos cincuenta, e sobre todo coa articulación do galeguismo cultural da editorial Galaxia, este mundo adquire un maior dinamismo, aínda que xa comeza a manifestar síntomas de recuperación a finais dos anos corenta.