O vindeiro luns comeza no pavillón das Travesas a vinte edición do Campamento Urbano <br />
Baixo o título "XX Anos buscando tesouros en Vigo", o vindeiro luns 4 de agosto, comezará a vinte edición do Campamento Urbano no pavillón das Travesas. Esta iniciativa forma parte do programa de actividades de verán que desenvolve a Concellería de Xuventude do Concello de Vigo e que este ano incrementou nun 150 por cento o número de prazas ofertadas. O Campamento Urbano, organizado en colaboración coa Asociación Xuvenil Abertal, é gratuíto e está dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos.<br />
Xa hai preto de 300 nenos e nenas inscritos e máis de 70 animadores e animadoras voluntarios no campamento, que se desenvolverá do 4 ao 14 de agosto nas Travesas en horario de mañá e tarde. A cidade é o eixo central do campamento, de xeito que todas as actividades e xogos fanse dentro do marco da cidade, co obxectivo de achegar os rapaces e rapazas participantes as súas oportunidades, nalgúns casos infrautilizadas e descoñecidas.
As actividades que se desenvolverán pretenden acadar que os participantes redescubran a cidade, as súas posibilidades e servizos sempre a través do xogo; ademais, búscase descubrir os valores de convivencia, da solidariedade, a paz e a amizade, e dalos a coñecer pola cidade. A organización do campamento quere tamén dar a coñecer alternativas de lecer que os rapaces e rapazas poidan seguir realizando durante o ano e que os propios participantes sexan protagonistas das actividades, non espectadores. Polas mañás, as actividades desenvolveranse coa estrutura de grandes xogos de animación, ambientados na procura de tesouros en Vigo, buscándoos en diferentes espazos da cidade, como parques, prazas, e outras instalacións públicas; ademais, visitarán diferentes servizos públicos, como policía, recollida de lixo e Cruz Vermella, entre outros. Xa polas tardes realizarase unha oferta libre de actividades que inclúe deportes, saídas por Vigo e diversos obradoiros. Tamén están previstas tres excursións de día completo, que serán a Cangas, a varios parques da cidade e a praia.
Na cidade de Vigo, este Campamento Urbano vense realizando de forma ininterrumpida dende 1989. O número de participantes foi medrando dende os 100 rapaces e rapazas da súa primeira edición ata as últimas edicións nas que a media oscila ao redor dos 400. A entidade que colabora coa Concellería de Xuventude na súa organización, a asociación Abertal, é unha asociación xuvenil fundada en 1979, adicada á realización de actividades de tempo libre e animación sociocultural. A súa finalidade consiste en fomentar o desenvolvemento integral e a conciencia crítica da mocidade. No ano 2002 foi nomeada Viguesa Distinguida polo Concello de Vigo.