O Alcalde, firma convenios de Colaboración entre Vigo e Redondela<br />
O alcalde, Abel Caballero, e o alcalde de Redondela Xaime Rei firmaron hoxe martes 29 de Xullo as 12:00 horas na Alcaldía convenios de colaboración entre o Concello de Vigo e Redondela para o abastecemento de auga o polígono industrial "Chan Das Pipas" e outro para establecer os termos de colaboración para o tratamento e eliminación das augas residuais da parroquia de Chapela e outras.<br />
Vigo, 29 de xullo de 2008. – O alcalde, Abel Caballero e o alcalde de Redondela Xaime Rei firmaron este martes 29 de Xullo as 12:00 na Alcaldía convenios de colaboración entre o Concello de Vigo e Redondela.
O primeiro convenio firmado ten coma obxecto establecer os termos de colaboración entre ambos concellos para a xestión e abastecemento de auga da nova infraestructura no Polígono Industrial de Chan das Pipas. O Concello de Vigo comprométese a financiar a excución das redes anteriormente descritas, por un importe de 182.942.- Euros e a subministrar un caudal de auga ó polígono de ata 20 l/s, e recoller e tratar as augas residuais provenientes das redes que se van executar. Por su parte o concello de Redondela asumirá o custo de 222.317.- Euros para os tramos de rede a construir en su concello e aboar os importes que correspondan en función dos metros cúbicos cosumidos de auga potable.
O segundo convenio firmado ten coma obxecto establecer os termos de colaboración para o tratamento e eliminación das augas residuais na parroquia de Chapela e outras. O concello de Redondela comprométese a pagar como compensación dos gastos ocasionados pola xestión do servizo obxecto deste convenio o importe que resulte a razón de 0,1429 euros/m3.
Descargar todas as imaxes