Escoitar

O Alcalde visita o campamento de Verán do Vigozoo<br />

Os campamentos no Vigozoo están a contar cunha altísima participación. Nesta edición, dous días cheos de actividades, obradoiros, manualidades, xogos, rutas, visitas guiadas e por suposto pernoctando en tendas de campaña dentro do propio parque cunha visita nocturna incluída. Son actividades enriquecedoras, os rapaces de idades comprendidas entre 10 e 12 viven en primeira persoa no entorno dos animais. Deste xeito foméntase o respeto ao medioambiente e a súa diversidade.<br /> <br />

mércores, 30 xul 2008
1217421141campus.JPG
Esta mañá o alcalde, Abel Caballero e a concelleira de Medio ambiente, Chus Lago, visitaron aos rapaces do 2º Campamento de Verán do Vigozoo. "Trátase de fomentar entre os cativos o contacto coa natureza e os animais" subliñou o Alcalde que tamén apuntou que "para o ano que ven os campamentos serán dunha semana". As actividades de hoxe tiveron un obradoiro moi especial, enriquecemento ambiental de animais. Os rapaces accederon os recintos de osos, tigres e monos para esconderlle comida no recinto. O obxectivo do obradoiro é que os animais xoguen e agudicen os sentidos.

Despois deste obradoiro os rapaces e rapazas participaban nunha ruta polo miradoiro da Madroa, visitarán o mueso da diodiversidade instalado no recinto ademais de diferentes xogos e actividades. O próximo campamento desta temporada celebraráse os días 4 e 5 de setembro.

Máis información