Vigo súmase a Rede de Centros Quérete coa apertura dun centro de orientación á mocidade no Casco Vello
Coa inauguración hoxe dun centro de orientación afectiva e sexual á mocidade, Vigo xa forma parte da Rede Galega de Cetros Quérete, segundo anunciaron hoxe o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Lois Pérez Castrillo. A apertura deste centro, ubicado na rúa Ferrería do Casco Vello vigués, resulta "sumamente importante para a cidade", segundo a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, salientou na inauguración o carácter "novidoso e pioneiro" desta iniciativa, que ten por obxectivo achegar aos mozos e mozas unha completa información afectiva e sexual. Segundo o vicepresidente, deste xeito a mocidade poderá ter unha sexualidade "máis responsable, máis plena e máis saudable". Para Quintana, esta rede vén paliar o déficit de información que ata o de agora había en Galiza nestes temas. No esforzo de achegar a información a todos os colectivos subliñou a organización de obradoiros específicos para persoas con discapacidade, así como a publicación de material infomativo en Braille e o inicio de diversas iniciativas en colaboración co Programa Proxecto Home.
O novo centro estará atendido por un equipo integrado por un traballador social, un psicólogo e un médico. Entre as súas primeiras actividades, á marxe das consultas habituais, destacan os obradoiros que se realizarán en colaboración coa Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello. A apertura do Centro Quérote e Vigo implica, ademais, a presenza da Rede Quérote nas catro provincias galegas.
Segundo salientou o vicepresidente da Xunta, dende que se abriu o primeiro espazo Quérote hai dous anos en Santiago de Compostela, xa se levan atendido arredor de 6.000 consultas, e organizáronse intervención en máis de 50 centros educativos, servizos sociais e asociacións. A web www.querote.org, pola súa banda, rexistrou preto de 138.000 accesos dende a súa posta en funcionamento. Os centros, ademais de contar cun horario de atención ao público, contan tamén cun número de atención telefónica, o 900 141617.
Anxo Quintana subliñou tamén a importancia de que os distintos centros sexan xestionados dende o Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar, no sentido de que poderán funcionar como unha rede e completarse entre si. Neste mesmo sentido se manifestou o xerente do consorcio, Lois Pérez Castrillo, quen salientou o traballo conxunto que están a desenvolver Xunta e Concellos. Ao respecto, a concelleira de Xuventude de Vigo, incidiu na importancia que ten para a mocidade viguesa que Vigo se integre na Rede de Centros Quérote.
Descargar todas as imaxes