Roger Hodgson achegará ao Auditorio de Castrelos un concerto intimista e cargado de éxitos <br />
O ex vocalista de Supertramp tocará algúns dos seus temas co gaiteiro vigués Carlos Núñez, a quen lle une unha gran amizade.<br />
Intimista e lembrando os grandes éxitos de Supertramp. Así será o espectáculo que ofrecerá Roger Hodgson o vindeiro mércores 23 de xullo no Auditorio de Castrelos. O concerto foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Xesús López, e por un responsable da empresa promotora Sweet Nocturna, David Lago. O concelleiro destacou que será unha gran oportunidade para ver a un dos "máis destacados artistas da nosa época", fixo fincapé tamén no enclave tan privilexiado onde se celebrará o concerto, como é o Auditorio de Castrelos. Por outra banda, Xesús López salientou o prezo tan accesible das entradas, xa que o importe noutras cidades onde está a tocar o artista británico dentro da súa xira estatal oscila entre o 60 e os 30 euros, mentres que en Vigo será de 10 euros anticipada e 12 no despacho de venta o mesmo día do concerto.
A lexendaria voz de Supertramp fará un repaso por toda a súa traxectoria musical, tanto como vocalista do grupo como en solitario, nun concerto onde tocará o piano e a guitarra e no que estará acompañado unicamente por un saxofonista. Un dos momentos máis emotivos do espectáculo será, de seguro, a actuación co gaiteiro Carlos Núñez, ao que lle une unha gran amizade. Hodgson convidou ao vigués a subir ao escenario para interpretar un tema que compuxeron conxuntamente xa hai algúns anos, e a colaboración promete ofrecer máis sorpresas ao longo da noite.
Para a súa actuación no Auditorio de Castrelos, Roger Hodgson solicitou á organización comida orgánica, sushi e froita, moita froita. De feito, terá á súa disposición durante a súa estancia en Vigo, unha licuadora para prepararse zumes de nove tipos de froitas diferentes e propias desta zona. No escenario, ao que sairá ás 23 horas, haberá plantas altas e velas, que xunto co piano serán os ingredientes axeitados para ofrecer un concerto intimista nun entorno natural. No apartado técnico, os asistentes ao poderán gozar con 120.000 watios de luz e 90.000 de son.
Descargar todas as imaxes