Xa se poden presentar as solicitudes para acceder o programa "O noso taxi" que beneficiará a 208 persoas<br />
O proxecto "O noso taxi", que a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social porán en marcha no mes de setembro, xa ten aberto o prazo de presentación de solicitudes, segundo anunciaron este luns o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar, María Méndez. Os interesados e interesadas en participar nesta iniciativa, que ten o obxectivo de mellorar a mobilidade das persoas con dependencia e da que poderán beneficiarse ata 208 usuarios e usuarias ata final de ano, poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 6 de agosto no Concello de Vigo.<br />
Na presentación da iniciativa, o tenente de alcalde lembrou que durante a campaña electoral das pasadas eleccións municipais, nas súas políticas de traballo para a xente, o BNG defendeu o desevolvemento dunha medida "novidosa e pioneira en Galiza" para axudar ás persoas que pola súa discapacidade tiñan dificultades para utilizar o transporte público. Así mesmo, sinalou que os colectivos demandaban medidas que paliaran a discriminación que na súa vida cotiá sufren as persoas con mobilidade reducida. "Pensamos que era importante dar un paso adiante para acadar a igualdade de oportunidades e puxemos en marcha o proceso para facer posible a posta en marcha deste proxecto", explicou Santi Domínguez.
"Serán un total de 208 as persoas que se poderán beneficiar das axudas, que terá unha contía máxima de 60 euros mensuais ", salientou o tenente de alcalde, quen especificou que o prazo para solicitar as axudas remata o 6 de agosto. "Deste xeito garantimos que as persoas con problemas de mobilidade poidan acceder a un transporte cómodo", subliñou. Ademais, Santi Domínguez adiantou que no mes de decembro avaliarase a implantación do proxecto e posteriormente decidirase se é preciso ampliar o número de solicitudes e o orzamento correspondente.
A concelleira de Benestar Social, pola súa banda, explicou os principais requisitos necesarios para participar neste programa. Así, indicou que as peroas interesadas deben estar en posesión do certificado de minusvalía, deben ter o seu empadroamento en Vigo, alomenos cun ano de antigüidade, e non posuirán vehículo adaptado propio. Ademais, María Méndez salientou que na tramitación das solicitudes teranse en conta os recursos económicos da unidade familiar, de xeito que terán prioridade as persoas de menor renda. "A posta en marcha desta medida incide no camiño de favorecer a integración real de persoas con discapacidade", subliñou a edil do BNG.
En canto ao procedemento para acceder a esta nova prestación, sempre dentro do termo municipal de Vigo, será mediante a identificación da persoa usuaria a través da central de Radio Taxi (986 47 00 00), e tras a utilización do servizo, o taxista fará entrega do xustificante do mesmo, que se descontará dos 60 euros do mes en curso ou do saldo correspondente. A posta en marcha do proxecto contará coa colaboración de Confederación Galega de Minusválidos (Cogami), con cuxos representantes provinciais o tenente de alcalde xa mantivo unha reunión no pasado mes de marzo.
Por outra banda, María Méndez precisou que, na actualidade, existen catro taxis en Vigo habilitados para persoas que utilizan cadeiras de rodas; porén a concelleira nacionalista apuntou que o seu obxectivo ao respecto é que este número sexa ampliado o ano que vén "continuando coa política integradora que desenvolve o BNG".
Descargar todas as imaxes