luns, 21 xullo 2008

A mitigacion do cambio climatico na axenda da politica local

O alcalde de Vigo e Presidente da Federacion Española de cidades polo clima, Abel Caballero e a Ministra de Medio Ambiente, Rural e Maritimo, Elena Espinosa, inauguran a III Asamblea da Rede de Cidades polo Clima. Entre os obxectivos da asamblea q se celebrara en San Sebastian os dias 21 e 22 de xullo atopase a creacion dun protocolo de actuación local para combatir as emisions de Co2 e que os Concellos asuman a capacidade de lanzamento do liderazgo politico para que as mensaxes da loita polo clima se transformen en realidades

Xa se poden presentar as solicitudes para acceder o programa "O noso taxi" que beneficiará a 208 persoas<br />

luns, 21 xul 2008

O proxecto "O noso taxi", que a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social porán en marcha no mes de setembro, xa ten aberto o prazo de presentación de solicitudes, segundo anunciaron este luns o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar, María Méndez. Os interesados e interesadas en participar nesta iniciativa, que ten o obxectivo de mellorar a mobilidade das persoas con dependencia e da que poderán beneficiarse ata 208 usuarios e usuarias ata final de ano, poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 6 de agosto no Concello de Vigo.<br />

A Ría de Vigo acollerá do 28 ao 31 de xullo unha escala da regata "Le Solitaire du Figaro"<br />

luns, 21 xul 2008

Do 28 ao 31 de xullo a Ría de Vigo acollerá unha escala da regata La Solitaire du Figaro, que este ano cumpre a súa 39 edición. Trátase dunha regata por etapas en solitario e con embarcacións monotipo que segundo subliñaron o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, permitirá promorcionar a cidade como destino privilexiado para as actividades náuticas de carácter europeo. <br />